miércoles, 21 de marzo de 2018

21 de marzo, día da poesía

Cinco motivos para ler poesía
A POESÍA É UNHA BARRICADA DE PALABRAS REBELDES  que ilumina o camiño da vida e deita luz sobre o mundo.  A poesía non morde , non manca e, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin cursi, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos. 

A POESÍA SERVE PARA LER, CANTAR, DISCREPAR, BERRAR, RECITARrapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar e aguiza o pensamento. Serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.

OS POEMAS SON COMO CAIXAS DE FERRAMENTAS, VALEN PARA TODOpara sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. A poesía cura enfermidades  como a impaciencia, os nervios, os granos da cara, os pés planos, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, os enfados, a ansiedade e as gripes.

A POESÍA PODE ESTAR NAS COUSAS QUE NOS RODEAN A DIARIO, nas letras das cancións, no graffiti da parede do barrio, na soidade, no supermercado, nun sorriso inesperado, na moto, nas causas xustas, no váter, na esperanza, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras .

O IMPORTANTE DA POESÍA NON É OBSESIONARSE CON DESCIFRALA senón saber sentila, gozala e intuíla. Na poesía reconforta sentir a forza das súas palabras, o seu ritmo, a súa musica, a súa sonoridade, as chiscadelas que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer.
Fran Alonso

martes, 1 de julio de 2014

Cee: topónimo gaélico?

Cee
Peirao
Algúns historiadores quixeron ver a pegada de vocábulos gregos en vilas e aldeas da costa galega sen haber resto arqueolóxico algún que indique unha helenización da zona do noroeste da Península Ibérica.
Cremos que no noso microespazo dedicado a Pindo, deixamos claro que a coincidencia de formas fonéticas dos nomes gaélicos de dúas montañas, Binn Dubh Beinn Dubh, coa forma fonética da montaña galega, Pindo, non é froito de coincidencias fortuítas. As características físicas descritas polos dous topónimos gaélicos e o topónimo galego coinciden totalmente: os tres son montañas ou picos escuros.
Hoxe imos analizar un topónimo galego moi singular, Cee. Algúns autores opinan que unha etimoloxía derivada de cetárea, do termo latino cetus, “delfín”, “carne de delfín”, “toniña” ou “balea”, sería máis probable, xa que, igual que o topónimo Cedeira, deberíase ás factorías de cetáceos, do grego κήτος /ketos/.

Habitantes de Cee posando cunha das súas capturas
O feito de que en Cee a pesca de cetáceos tivese importancia no século XVI, en especial a de baleas, non significa que o nome proceda dunha palabra grega nin dunha palabra latina.
Imos empezar pola característica más evidente de Cee, do que non pode haber ningunha dúbida: Cee é un porto, e como tódolos portos, nun principio foi unha amarradoira, un ancoradoiro ou un peirao.
No seguinte dicionario de gaélico irlandés atopamos esta acepción da palabra :
Irish Dictionary Online (Texto traducido)

1. Embarcadoiro. 2. Atracadoiro. 3. Peirao

Cee
A palabra gaélico-irlandesa cé pronúnciase /ke:/ cun e longo moi similar á pronuncia das dúas vogais de Cee ou Cée (como nalgunhas ocasións aparece escrito este topónimo galego). A única diferenza con respecto ó topónimo galego Cee é a pronuncia do cinicial. Trátase de algo que xa notamos noutros casos, como por exemplo, na palabra galega centolo.
De tódolos xeitos, debemos ter presente que a pronuncia do cda palabra latina cetus tamén se pronuncia /k/ como a palabra grega κήτος /ketos/. Polo tanto, se isto é válido para unha posible etimoloxía clásica, grecolatina como no caso de cetáceos, (cetacea, do grego κήτος /ketos/, "graden animal mariño" e do latín -aceum, "relación ou natureza de algo"), tamén debería selo para unha etimoloxía gaélica, xa que o c gaélico se pronuncia exactamente igual có c latino: /k/.
Así, aceptando que a pronuncia moderna do c galego e castelán e mailo seseo da zona de Cee son relativamente modernos, e sabendo que o significado da palabra gaélico-irlandesa coincide co lugar descrito polo topónimo galego, non vemos problema algún para que a seguinte romanización ou adaptación do termo gaélico sexa correcta:
(gaélico irlandés) Cé > Cee Cée (galego)
“embarcadoiro, atracadoiro, peirao”
Tódalas explicacións que demos neste documento teñen unha importancia enorme á hora de analizar outros topónimos costeiros galegos tales como CedeiraCesantesCaiónCíes e un moi longo etcétera.
Se desexa máis información, recomendámoslle a lectura dos nosos documentos. Todos están baseados na relación entre as linguas gaélicas

jueves, 20 de marzo de 2014

Cancións galegas

sondepoetas.blogspot.com.es/  poemas: letras e músicas
http://sondepoetas.blogspot.com.es/ Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.

Mentras o tomo, espero.


Celso Emilio Ferreiro (1978) Longa noite de pedra en Obra completa, I (Madrid: Akal editor)

miércoles, 23 de marzo de 2011

Fai Galego

O MAR e os seus nomes
AS PRANTAS e os seus nomes
Sopas de letras: peixes, árbores, aves...
500 Ditos da Señora Pilar
O nome e as súas clases
Xénero e número
Os artigos
O adxectivo cualificativo
Adverbios
Preposicións: a, ata, deica...
LINGUA GALEGA
Ánalise morfolóxica e sintáctica
Vogais tónica, abertas ou pechadas
Consulta a conxugación destes VERBOS:
15.- Abreviaturas, siglas, símbolos
LÉXICO
FRASEOLOXÍA